top of page

'Descubrindo Deza' consolida a súa traxectoria coa publicación do décimo cuarto volumen

Está formado por 16 artigos de investigación


Laura Moure/Lalín

O anuario Descubrindo Deza volve saír do prelo no seu formato habitual de artigos de investigación. O décimo cuarto volume do anuario editado polo Seminario de Estudios de Deza foi presentado este sábado no Museo Municipal Ramón María Aller, dentro da programación cultural do Concello de Lalín. Tomaron parte no acto o alcalde de Lalín, José Crespo; o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, e José Luis Rodríguez Jácome, en representación do Seminario de Estudios de Deza. Esta publicación veu a luz por vez primeira no 1999 e, volume tras volume, erixiuse como o referente máis importante das investigacións sobre a Comarca de Deza e unha auténtica enciclopedia para o seu do coñecemento.

Este décimo cuarto volume abrangue un total de 16 artigos de investigación. Na sección de Arte, Arquitectura e Patrimonio, Cecilia Doporto céntrase nos cruceiros no Camiño de Inverno na Comarca de Deza como mostras sobranceiras da arquitectura popular, e José Luís Rodríguez Jácome, na transcendencia socioeconómica que supón a difusión do patrimonio vinculada aos aos Roteiros de Lalín.

O apartado da Biografía é o máis profusamente desenvolto, xunto co de historia, no Anuario: artigos sobre a relación de Laxeiro e Xesús Golmar, da autoría de Charo Golmar; a figura do “Naranxo”, amplamente debuxada por Daniel González Alén; o personaxe de Beltrán Legerén, vinculado á industria das curtidorías en Trasdeza no século XIX, esbozado por José Ramón Pérez Salgado; autor que repite xunto a Vidal Neira para rescatar a xenealoxía dezá de Luís Rodríguez Varela, o chamado “Conde Filipino”, famoso ilustrado vinculado a esa antiga colonia española; e, por último, Primo Castro Vila, alcalde republicano de Agolada, lembrado por Ángel Utrera.

https://www.ecosdacomarca.com/contacto

Dentro da sección de Historia, a descrición das divisións administrativas forman un bloque de interese: Xoán Carlos García Porral céntrase no ámbito eclesiástico ao describir o arranxo parroquial do arciprestado de Deza de 1888-89 e José Ramón López Fernández secúndao no eido civil ao tratar as circunstancias da división de Concellos de Deza, efectuada en 1835-36; Diego Frade tamén se centra no século XIX á hora de achegar apuntamentos sobre o nome do Concello de Trasdeza; e dentro deste municipio Daniel García Coego estuda a historia da Casa de Negreiros, na parroquia de Castro. Por último, Óscar González Murado repasa a visita de Bustos de la Torre ao arciprestado de Trasdeza en 1701 e Carmen Villanueva e J. A. Docobo Durántez recuperan o contido dunha carta enviado polo astrónomo húngaro Pál Tittel ao “Matemático de Bermés”.

No apartado de Xeografía, Juan López Bedoya céntrase nos estudos do xeólogo alemán Guillermo Schulz efectuados na comarca de Deza e limítrofes entre 1832 e 1833. Rematan o volume dúas Comunicacións, con vocación literaria, centradas na figura de Joaquín Loriga, da autoría de Charo Golmar e Pedro Santos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page