A Consellería de Sanidade confirma que, por primeira vez na temporada, baixa o número de persoas ingresadas por gripe, con 904 pacientes, dos que 42 están na UCI
Laura Moure/Xeral
A Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas segue coa avaliación diaria da situación dos servizos de urxencias dos centros hospitalarios e de atención primaria da rede sanitaria pública galega. Segundo os datos da Dirección Xeral de Saúde Pública, na actualidade, o total de persoas ingresadas por gripe nos hospitais dos Sergas é de 904, dos que 42 están en UCI. Por tanto, por primeira vez, prodúcese un lixeiro descenso. Así, respecto da xornada anterior, hai 21 persoas menos hospitalizadas, e cinco menos en UCI. A positividade da gripe é do 35%, o que representa un 1,11% menos que na xornada anterior.
Aumenta a vacinación da gripe
Polo que atinxe á vacinación da gripe, a semana pasada, en tres días, vacináronse máis de 9.000 persoas (9.217). Ao respecto, na actualidade, no grupo de maiores de 80 anos, o 82 % están vacinados; no de 65 e máis anos o 73 %; no de 60 e máis anos o 67 %; e nos nenos e nenas de 0-59 meses, o 51 %. Galicia é a comunidade con maior cobertura de vacinación contra a gripe.
Publicidade
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade lembra que vacinarse pode evitar o contaxio e, por suposto, as complicacións que poden levar ao paciente ao hospital, sobre todo en persoas maiores e vulnerables. O departamento sanitario galego subliña que a campaña de vacinación permanece aberta ata o 12 de xaneiro.
Publicidade
Respecto ao virus respiratorio sincitial, o total de casos que permanecen hospitalizados é de 164, tres menos que onte, e ningún na UCI, un menos que onte.
En relación ás urxencias, no que atinxe ao dato de persoas que entraron nos servizos onte, foron 256 menos que o día anterior, 172 adultos menos e 84 cativos menos.
Dos adultos atendidos onte, a porcentaxe de ingresados foi do 21 %. Respecto da poboación pediátrica, foron ingresados o 4,3 %, polo que o promedio de pacientes atendidos nas urxencias, e que foron ingresados, ascende ao 19%.
Publicidade
Sinalar que o Sergas ten activados, nas súas sete áreas sanitarias, os seus respectivos Plans de Continxencia para dar resposta á maior demanda asistencial desta época do ano, habilitando ata o de agora máis de 200 camas sobre o aforo habitual e reforzando os seus cadros de persoal. Así, o día de onte, sumáronse 60 profesionais a diversas quendas nos servizos de urxencias.
Comments