top of page

Desarticulada unha banda dedicada a roubos en vivendas a nivel galego e entre elas en Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, felicitou esta mañá á Garda Civil pola desarticulación dunha banda dedicada aos roubos en vivendas, destacando a súa profesionalidade e a impecable coordinación entre as diferentes comandancias provinciais. Rexistráronse roubos en Lalín, Sanxenxo, Cangas o Tui


Publicidade  

Eladio Santos informou sobre esta acción da Garda Civil, que se resolveu con actuacións nas provincias de Ourense, Lugo e Pontevedra. Eladio Santos deu conta da detención de catro persoas o pasado día 19 cando se dispoñían a asaltar e saquear unha vivenda na localidade pontevedresa de Tui. “Estas persoas, actualmente en prisión por orde do xuíz, estaban a ser investigadas pola Garda Civil no seo da Operación Jericó e atribúenselles, presuntamente, a participación en 13 delitos contra o patrimonio, integración en organización criminal e falsidade documental”, sinalou o subdelegado.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A Garda Civil realizou rexistros domiciliarios nas provincias de Barcelona, desde onde os presuntos delincuentes desprazábanse, e Vigo. Eladio Santos engadiu que nos devanditos rexistros “foron intervidos diversos efectos que vinculan ás persoas detidas co feitos obxecto de investigación”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page