Desaparece unha vaca da Gandería Rato de Rodeiro
- Laura Moure
- 18 ene 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro A Gandería Rato de Rodeiro destaca sempre polo seu bo facer que xa a fixo gañar distintos premios. Pero desta volta, é noticia porque os donos atopáronse esta semana con vacas soltas na súa explotación e coa desaparición dunha. "Ocorreu da noite do luns para o martes e non sabemos nada dela", lamenta Álex Carral, o propietario.

"Chegamos o martes pola mañá á granxa e encontrámonos cinco vacas soltas e unha delas faltaba. Levamos dous días buscándoa, pero non temos ningún rastro dela", sinala.
Publicidade
Carral indica que é unha vaca frisona de dous anos e parida de dous meses máis ou menos. (Non teñen foto da mesma). "A parte dos crotais de número ten un pendente amarelo a maiores de identificación, e si é que anda por aí e non o perdeu, ten un colar, que era co que estaban atadas", puntualiza o rodeirense.
Publicidade
Xa puxeron denuncia no cuartel da Garda Civil e non descartan que fora un roubo. "É todo moi raro. Cremos moitas cousas, pero é raro que marchen da granxa aínda que se solten, pero non podemos dicir que a roubaron sen sabelo nin ter probas", aclara.
Carral sinala que o animal ten un valor incalculable. "Para min é un animal sen valor xa que procedía da mellor familia de vacas da casa. Por dicir algo, podería valer 3.000 euros, aínda que é unha vaca que nunca vendería", recalca.
Publicidade
Se alguén sabe algo pode contactar coa Garda Civil ou facelo a través do noso correo ecosdacomarca@gmail.com ou das nosas redes sociais.
Prégase difusión.
Comentários