Ecos da Comarca/Xeral
O incendio, orixinado nun foco de luz dunha sala de concertos localizada na Rúa de San Lorenzo, obrigou ao persoal da discoteca a desaloxar a unhas 100 persoas que se atopaban no seu interior no momento dos feitos.
Deste xeito, ninguén resultou ferido e os danos limitáronse ao espazo no que comezou o lume, o que afectou aos cabos e ao falso teito do inmoble.
Publicidade
Foi a intensa fumareda provocada polo incendio o que alertou aos traballadores do lugar, que rapidamente chamaron ao 112 Galicia mentres evacuaban ás persoas. Decontado, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Santiago e tamén aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Igualmente, púxose a situación en coñecemento dos axentes da Policía Nacional e Local.
Publicidade
Así, preto da unha hora da madrugada, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento controlaron o lume e ventilaron o local, ademais de efectuar minuciosamente as comprobacións necesarias, co fin de asegurarse de que non quedaba ninguén no interior da sala.
Comments