Debido as obras no centro de saúde de Dozón, os veciños serán atendidos no de Lalín
- Laura Moure
- 27 oct 2023
- 2 Min. de lectura
O luns día 30 de outubro será o último día no que os pacientes serán atendidos en Dozón ata o remate da actuación
Laura Moure/Dozón
O inminente comezo das obras de mellora do Centro de Saúde do Castro en Dozón obrigará a desviar temporalmente os pacientes, o médico e a enfermeira ao centro de saúde de Lalín ata que rematen os traballos, previsiblemente a finais do mes de novembro.

Segundo o acordado co Servizo Galego de Saúde (Sergas), o luns día 30 de outubro será o último día no que os pacientes serán atendidos en Dozón ata o remate das obras. É dicir, aqueles que sexan citados a partir do martes 31 de outubro xa serán convocados e atendidos no centro de saúde de Lalín, aínda que manterán o seu médico e enfermeira.
Publicidade
Tampouco variará o teléfono para solicitar as citas médicas, que seguirá a ser o mesmo que ata agora.
O alcalde, Adolfo Campos Vázquez, lembra que a mellora do centro de saúde era un dos compromisos asumidos na pasada campaña electoral "para que a veciñanza de Dozón e os profesionais que traballan no centro de saúde poidan dispoñer no futuro dun espazo máis moderno, confortable, saudable e accesible".
Publicidade
O proxecto de mellora, que suporá un investimento superior aos 110.000 euros cofinanciado polo Concello e a Xunta de Galicia, incluirá as seguintes actuacións:
Instalación dun sistema de climatización con bombas de calor, enerxeticamente eficiente.
Dotación dun sistema de ventilación que garantirá a renovación permanente do aire interior para que sexa máis saudable, ao tempo que se instalará un sistema de recuperación de calor, con maior eficiencia enerxética.
Publicidade
Adaptación dos espazos á actual normativa de accesibilidade, para facilitar o acceso con padiolas e cadeiras de rodas e para habilitar un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida.
Mellora da instalación eléctrica e de iluminación.
Substitución da carpintaría metálica para mellorar o illamento térmico.
Pintado de diferentes estancias interiores.
Comments