Laura Moure/Arzúa
As tres queixerías de Arzúa: Barral, Galmesano e Verbas déronse onte cita no centro de formación profesional e promoción rural para debatir sobre o seu presente e futuro, os seus retos e oportunidades. A actividade, que supuxo o pistoletazo de saída desta 47 Edición da Festa do Queixo, permitiu ós asistentes coñecer cales son os plans de producción, comercialización e internacionalización das empresas así como constatar como todas elas coinciden na necesidade de profesionalización da comercialización do produto, a mellora das alternativas loxísticas e a firme aposta pola valorización do produto e do rural. "Hoxe por hoxe o concepto Galicia no seu conxunto, e Arzúa en particular, no sector do queixo e da gastronomía en xeral é un activo altamente valorado e garante de prestixio ante o consumidor”, afirmou Carmela Cano, xerente de Galmesano.

Exposición
Ademais, dende este mediodía as instalacións da Efa Piñeiral acollen a mostra 2012-2022, 10 anos de arte e publicidade no cartelismo da Festa do Queixo onde se poden ver os carteis anunciadores da última década comentados polo alumnado dos ciclos de comercio e márketing da Efa Piñeiral, e a réplica doce que do actual cartel anunciador realizaron os alumnos do ciclo de panadaría, repostaría e confeitaría. A inauguración desta exposición, ás 13:00 horas, correu a conta do deseñador arzuán Daniel Camino, gañador noutras edicións do primeiro premio do certame de cartelismo da Festa do Queixo.
A exposición estivo aberta este venres ata a 18:30 horas, emañá, sábados de 10:30 a 18:30 e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. As familias que acudan con cativos, de entre 3 a 12 anos, poderán coñecer a exposición mentras que os nen@s participan en obradoiros co alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral.que moitos de vós teñades unha brillante carreira profesional, pois é gratamente reconfortante poder ver que os deseños dun contribuen a poñer en valor ás empresas e ós recursos que confían en nóse a súa imaxe”, trasladou o deseñador ó grupo de alumnos dos centros formativos arzuás que acudiron esta mañá ó acto de apertura da mostra.
A exposición estivo aberta este venres ata a 18:30 horas, e mañá, sábado, de 10:30 a 18:30 e o domingo de 11:00 a 14:00 horas. As familias que acudan con cativos, de entre 3 a 12 anos, poderán coñecer a exposición mentras que os nen@s participan en obradoiros co alumnado do ciclo superior de educación infantil da Efa Piñeiral.
Todas as actividades e obradoiros son gratuítos
A Efa Piñeiral estará tamén presente no recinto feiral con stand propio para achegar ós locais e visitantes unha escolla das elaboracións do alumnado do ciclo formativo de panadaría, repostaría e confeitaría, ademais de demostracións a cargo do alumnado na que se decorarán “Galetras”, unha proposta doce do centro na que o queixo D.O.P. Arzúa Ulloa cobra especial protagonismo. No stand da Efa Piñeiral expoñerase tamén outra versión da tarta réplica do cartel anunciador do evento.
“Nesta edición tan especial, a Efa Piñeiral, como centro de formación profesional e
promoción rural, sumámonos á Festa do Queixo para colaborar no que mellor sabemos facer, propostas formativas e divulgativas nos eidos do comercio, do marketing, da valoración do produto e da gastronomía. Accións orientadas a valorizar o produto, a fomentar relacións entre profesionais e a xerar foros de formación que conflúan en propostas de mellora e promoción do noso territorio e da súa riqueza.”, afirma Ana Saavedra, directora da Efa Piñeiral.
Comments