top of page

De Vacas e Os Coribantes poñerán a música á XXV edición da Mostra de Artesanía de Agolada

Exposicións, maxia, unha feira de gando, talleres infantís, unha festa da escuma e

literatura completan a programación do 11 e 12 de agosto


Laura Moure/Agolada

Agolada acollerá o 11 e 12 de agosto a que será a súa XXV edición da Mostra de Artesanía, organizada polo Concello. Daranse cita no entorno dos Pendellos máis dunha trintena de artesáns que chegan desde distintos puntos de Galicia e incluso, dende Asturias. Exposicións, talleres para os máis cativos, maxia, festa da escuma, unha exposición de gando, música e presentacións de libros completan a programación.

A mostra celebrarase nos Pendellos. Autor: Ecos da Comarca.

O día 11 arrancará a mostra ás 11:00 horas coa apertura dos stands e cun pasacalle con música en directo. Ás 12:30 horas na Praza do Concello terá lugar a inauguración

oficial.


Pola tarde, ás 18:30 horas, a Praza da Randulfa acollerá un espectáculo de maxia a cargo de Manuel y Magic Owwy.


E pola noite, ás 20:00 horas, actuará De Vacas na Praza do Concello.


Xa o día 12, coincidindo coa feira mensual, a apertura dos postos adiantarase ás dez da mañá. Ademais, o campo da feira volverá ao vellos tempos, cunha feira de gando organizada polo responsable da asociación Agolada Rural, o concelleiro do PP Rafael

Méndez.


Ás 18:30 horas terá lugar no entorno da Praza do Concello unha Festa da Escuma. E o broche final a esta mostra poñerao o ritmo da Asociación Os Coribantes de Buchabade de Ponte Caldelas. Será ás 20:30 horas na Praza do Concello.


Así mesmo, ambos días haberá dous talleres infantís gratuítos ao longo de todo a xornada. Un será de coiro a cargo de Tony Artesanos e outro, de pulseiras e trenzas impartido por Artesanías Mary.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Tamén durante a mostra hai cabida para a literatura. Pablo Otero Barrio, que ten raíces agoladesas, volverá estar nesta cita para a dar coñecer as súas tres obras: Relatos de Ferrol, 2.500 e El pinchadiscos maléfico.


Diferentes exposicións

Así mesmo, as exposicións tamén serán unha das grandes protagonistas desta mostra.

Contaremos unha ano máis cunha de pintura do agoladés José Ángel Ayude; tamén

volta aos Pendellos o silledense Adrián Penido, que xa estivo noutras ocasións, e neste

caso mostrará as súas obras pictóricas e completa a listaxe outra de talla e escultura

do melidense Pepe Cabanas. Así mesmo, estará aínda nos Pendellos a mostra de

fotografía de Jesús Faílde Oro que se pode ver dende o 12 de xullo. E por último, do 8

ao 14 de agosto un dos Pendellos lucirá unha mostra que leva por título Inmarcesibles.

Trátase dunha exposición fotográfica sobre a beleza real feminina cuxa autora é María

Fernández. Está promovida polo Concello de Sober e é itinerante, polo que o

departamento de Servizos Socias do Concello de Agolada considerou que era unha boa

ocasión para poder desfrutar da mesma no noso pobo.


“Estamos moi ledos de volver a desfrutar da nosa mostra e agardamos que a

programación guste a todos os públicos. Ademais, agradecemos a todos os artesáns

que cada ano nos elixen e que non queren perder esta cita”, sinala o alcalde do

municipio, Luis Calvo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page