Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa destes martes, 2 de marzo

As cifras seguen sendo baixas na maioría dos municipios e máis se se ten en conta a incidencia acumulada dos últimos sete días, como informa hoxe o Sergas

Laura Moure

MARTES 2 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, martes 2 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla, Santiso e Monterroso non rexistran novos afectados e gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. O comité clínico volve reunirse hoxe para ver se toma novas decisións e Arzúa podería saír do nivel dous.


Na comarca arzuana, os catro municipios Arzúa, O Pino, Touro e Boimorto seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada nos últimos 14 días, tal e como sinala o Sergas. Sen embargo, hoxe tamén informa da incidencia acumulada nas últimas sete xornadas e neste caso coinciden os datos, agás en Touro, que neste caso non rexistra casos novos. Sacando Arzúa, os demais municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos 14 días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín rexistra un descenso e pasa de 16 a 14 e Silleda en días anteriores tiña 21 activos e agora sitúase entre 1 e 9 afectados. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todas estas cifras coinciden se se teñen en conta a incidencia dos sete últimos días, agás Lalín que neste caso, se sitúa tamén entre 1 e 9 enfermos. Todos estes concellos están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso segue sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí cabe recalcar que segundo a incidencia dos sete últimos días en Toques non se contabilizaron novos casos. Cabe mencionar que xusto este municipio figura no primeiro nivel, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos o igual que Monterroso mentres que Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia dos últimos 14 días e se se miran os datos das últimas sete xornadas Palas tampouco rexistra casos novos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte: Ecos da Comarca

159 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE