top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 9 de decembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Dende onte, todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid. O último dos concellos en incorporarse a esta lista é Sobrado dos Monxes


IsmaelRS/Xeral

XOVES 9 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Dende onte, todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten catro positivos, un menos que na xornada de onte, segundo confirmou o concello esta mañá. Rodeiro conta con cinco positivos, tal e como informou fai varios días o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 14 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 32 afectados, dous menos que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes volve contar dende onte con casos, despois de varias semanas libre. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide segue nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page