Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 8 de decembro
- IsmaelRS

- 8 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Contamos nas Comarcas con dez concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Santiso, Silleda e Toques
IsmaelRS/Xeral
XOVES 8 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 8 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con dez concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Santiso, Silleda e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Arzúa, Boimorto e O Pino. Pola súa parte Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de casos, é o caso de Agolada, Dozón e Silleda. Pola súa parte Lalín, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Santiso e Toques. Pola súa parte Melide e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.








Comentarios