Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 7 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 7 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 12 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Boimorto e O Pino teñen 10 casos activo.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 28 afectados, un máis que onte. Silleda conta con 27 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 26 casos activos, 18 menos que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 22 casos activos, un máis que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 30 casos, trece máis que fai 24 horas. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Comments