Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 6 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 6 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 6 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 53 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 16 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 58 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 46 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 24 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 105 casos activos, un menos que fai 24 horas. Rodeiro ten 46 casos activos, sete máis que onte, tal e como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Pola súa parte Lalín sitúase con 319 afectados, 27 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 88 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 103 casos activos, catro máis que na xornada de onte. Santiso ten 21 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 13 casos activos, dous máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 47 casos, seis máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 38 casos activos, cinco máis que na xornada de onte.


1398 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE