top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 4 de marzo

11 municipios non rexistraron novos casos nos últimos sete días


Laura Moure

XOVES 4 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, xoves 4 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Sen embargo, as cifras son moi esperanzadoras xa que Boimorto, O Pino, Touro, Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos afectados nos últimos sete días. E os demais, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.

Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas Arzúa segue cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, mentres que O Pino, Boimorto e Touro non rexistran novos casos. Cabe mencionar, unha vez máis, que Arzúa segue no nivel dous de restrincións e o resto, no terceiro.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado; Lalín ten 11 activos e Silleda descende de 17 a 14, tal e como informa o Concello, mentres que Vila de Cruces segue cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques segue sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí cabe recalcar que Toques figura no primeiro nivel de limitacións, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.

Por último, as novas tamén son boas na comarca da Ulloa. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte: Ecos da Comarca

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page