top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 31 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 31 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 31 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 27 casos activos, oito menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino ten 19 casos, cinco máis que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 13 casos activos, dous menos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 59 afectados, 18 menos que onte. Silleda conta con 29 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Rodeiro ten 14 casos activos, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 34 casos activos, 20 máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 29 casos activos, un menos que onte. Santiso, Sobra dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 17 casos, tres menos que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 14 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos dende fai varias semanas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page