Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 30 de decembro
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 29 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 29 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 28 casos, cinco máis que onte. Pola súa parte Touro ten 25 casos activos, tres máis que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 13 positivos, dous máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 63 casos activos, 13 máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 18 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 184 afectados, 30 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 57 casos activos, once máis que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 59 casos activos, 12 máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 21 casos activos, tres máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 32 casos, oito máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 17 casos activos, catro menos que na xornada de onte.

ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS: