Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 25 de novembro

Contamos con seis municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces. Hoxe baixa desta lista o municipio de Boimorto


IsmaelRS/Xeral

XOVES 25 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con seis municipios libres de covid: Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipio contan con casos activos de covid. Dende hoxe Boimorto, volve contar con casos activos, despois de varias semanas libre. Pola súa parte Arzúa, O Pino e Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta con dous positivos, tal e como informou onte pola mañá o concello. Silleda conta con dezaseis casos activos,os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 12 afectados, dous máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra os municipios de Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos cun único municipio libre de covid: Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados.



275 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE