top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, deste xoves 25 de febreiro

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Rodeiro, Dozón, Santiso, Antas de Ulla e Monterroso non rexistran casos novos


Laura Moure

XOVES 25 FEBREIRO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, xoves 25, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla e Santiso non rexistran novos afectados desde fai días e a esta lista súmase hoxe Monterroso. Ademais, gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir sendo prudentes e tomar todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.


Na comarca arzuana, Arzúa mantense con 22 con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados. Cabe lembrar que Arzúa quedará mañá no segundo nivel de restrincións e o resto, no terceiro.


Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín mantense cunha vintena e o Concello de Silleda ten 23 casos activos, xa que de momento, non trascendeu a cifra exacta de hoxe. E Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Onte no municipio agoladés eran exactamente sete os afectados. Todos estes concellos están no nivel tres.


Na comarca Terra de Melide, unha xornada máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, tampouco se detectou ningún novo caso. De aquí Toques figura no primeiro nivel, Sobrado, no segundo, e o resto no mínimo.

Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza un día máis cero casos novos e Monterroso hoxe cero afectados novos mentres que Palas de Rei segue cunha escala de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo, é dicir, no terceiro.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page