Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 24 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 24 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 50 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha con 11 casos activos, os mesmos que onte. O Pino ten 21 casos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro ten 16 casos activos, dous menos que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada e Dozón sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 113 afectados, un máis que na xornada de onte. Silleda conta con 47 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Rodeiro ten 16 casos activos, tres máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 19 casos activos, cinco menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, mentres que Sobrado dos Monxes conta con 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 15 casos, tres máis que fai 24 horas. Palas de Rei sitúanse con 13 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


461 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE