Contamos con cinco municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Santiso, Touro e Toques, dende hoxe únese a esta lista o municipio de Boimorto. Todos os municipios das comarcas están no nivel medio-baixo.
IsmaelRS/Xeral
XOVES, 23 SETEMBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con cinco municipios libres de covid: Boimorto, Dozón, Santiso, Touro e Toques. Todos os municipios das comarcas están en nivel medio-baixo.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, hai un único municipio libre de covid: Boimorto e Touro, dende hoxe únese a esta lista o municipio de Boimorto. Pola súa parte Arzúa e O Pino atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana contamos con un único municipios libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Rodeiro conta con 3 casos activos, tal como informou o alcade, Rubén Quintá Quintá en días pasados. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 11 afectados, un menos que fai 24 horas; Agolada segue con 1 caso activo tal como informou o concello onte pola mañá, pola súa parte Silleda e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.
Na comarca Terra de Melide hai dous municipios libres de casos: Santiso e Toques. Melide e Sobrado dos Monxes están nunha escala entre 1 a 9 contaxios dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados.
Fonte: Ecos da Comarca
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín e Rodeiro son casos activos
Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel medio será de obrigado cumprimento no municipio de Monforte de Lemos.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Comments