top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 22 de xullo

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda


IsmaelRS/Xeral

XOVES, 22 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 36 casos, cinco máis que fai 24 horas, O Pino ten en 15 afectados, os mesmos que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou hoxe o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai dous casos activos. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero antonte pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 30 afectados, os mesmos que onte. E Silleda ten 34 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apuntan dende o concello, os mesmos que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide ata antonte o único municipio libre de Covid era Santiso pasa a situarse cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 52 afectados, catro máis que fai 24 horas, e pola súa parte Sobrado dos Monxes e Toques atópanse nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte o municipio de Monterroso pasa a situarse con 12 casos covid e Palas de Reis con 11.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, O Pino, Silleda e Rodeiro son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.


NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DESTE SÁBADO 24 DE XULLO:


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page