Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 20 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 20 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 137 casos activos, dez máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 41 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 129 casos, oito máis que onte. Pola súa parte Touro ten 59 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 23 positivos, tres menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 31 afectados, catro máis que fai 24 horas. Lalín conta con 659 afectados, 21 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 36 casos activos, un máis que fai 24 horas. Silleda conta con 179 casos activos, once máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 102 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 179 casos activos, catro máis que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 42 afectados, catro máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 31 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 22 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 98 casos, tres máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 46 casos activos, un menos que na xornada de onte.


1521 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE