Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 19 de agosto

Son tres os municipios libres de coronavirus, continúa o descenso de afectados en case todos os concellos, só contamos con dous municipios por encima da vintena de casos


IsmaelRS/Xeral

XOVES, 19 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son tres os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón e Santiso. Contamos con cinco municipios no nivel medio (Melide, Monterroso, Palas de Rei, Silleda e Touro) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa e Boimorto atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados. O Pino ten 10 afectados, un menos que onte, pola súa parte Touro rexistra 15 afectados, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Rodeiro conta con 4 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 24 afectados; Silleda ten 36 casos activos, os mesmos que fai 24 horas, tal como informaron esta mañá dende o consistorio, e Vila de Cruces con 11 afectados, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide hai un só municipio libre de casos: Santiso. Toques e Melide están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. O Sergas indica que Sobrado dos Monxes ten 11 afectados, dous máis que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas teñen entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 11 casos, dous menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín, Monterroso, O Pino, Rodeiro, Silleda, Touro e Vila de Cruces son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para o concello de O Grove.

  • Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames e Ribeira; en Lugo os de Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras e Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.

  • Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Caban, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago, Teo, Carnota, Oroso e Rianxo; en Lugo os de Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba; na provincia de Ourense os de Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles e Allariz; e, na provincia de Pontevedra estarán A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas, Salceda de Caselas, Silleda e Valga.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DO SÁBADO 21 DE AGOSTO:

https://www.ecosdacomarca.com/post/os-concellos-máis-afectados-nas-comarcas-seguirán-a-ser-monterroso-silleda-e-touro


225 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE