top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 17 de novembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Actualizado: 18 nov 2022

Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes


IsmaelRS/Xeral

XOVES 17 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Antas de Ulla, Santiso, Silleda e Sobrado dos Monxes.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con casos activos. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Agolada e Silleda. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 10 casos activos, tres menos que onte.


Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos activos, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

댓글


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page