Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 17 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 17 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 59 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 21 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 82 casos, cinco menos que onte. Pola súa parte Touro ten 43 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 10 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 10 afectados, tres menos que fai 24 horas. Lalín conta con 339 afectados, 24 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 148 casos activos, once menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 74 casos activos, seis máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 124 casos activos, cinco máis que na xornada de onte. Santiso ten 20 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 22 afectados, dous menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 14 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 28 casos activos, dous menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 66 casos, cinco menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 27 casos activos, un menos que na xornada de onte.


675 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE