Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 16 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte Arzúa, sitúase con 16 casos activos, tres máis que na xornada de onte. Touro ten 10 casos activos, os mesmos que onte
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo confirmou o concello antonte pola mañá. Silleda conta con 23 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 52 afectados, sete máis que na xornada de onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 16 casos activos, un máis que na xornada de onte.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Mentres que o municipio de Palas de Rei, sitúase con 12 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Comments