Son catro os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Lalín e Silleda en ambos municipios se supera a vintena de casos
IsmaelRS/Xeral
XOVES, 15 XULLO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son catro os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes e Boimorto. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto é único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa, O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios, pero segundo informan dende o concello son 3 os casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 22 afectados, onte eran 21 os casos activos, hoxe son un máis. E Silleda sube a 24 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, tres máis que fai 24 horas.
A comarca Terra de Melide están libres de Covid Santiso e Sobrado dos Monxe e Toques non teñen ningún caso dende hai días e o Sergas indica que Toques e Melide se atopan nunha taxa entre 1-9 afectados.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín e Silleda son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Salceda de Caselas, Ribadavia, Barbadás, Ourense, Redondela, Pontevedra, Marín, Poio, Caldas de Reis e Culleredo.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DESTE SÁBADO 17 DE XULLO
Comments