Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 15 de abril

Son 11 os municipios que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días e o resto sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 afectados

Laura Moure

XOVES 15 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca.


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Seguen sendo 11 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Touro, O Pino, Melide e Toques. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete días mentres que Arzúa e Boimorto están nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que desde este luns está no alto.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e en Lalín baixan de 10 a nove os casos activos. Mentres, Vila de Cruces e Silleda están nun rango entre 1 e 9 afectados. Concretamente, segundo os últimos datos, Cruces ten seis activos e Silleda, un. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete día. Tampoco hai novos afectados segundo a incidencia acumulada a sete días en Toques e Melide. Sen embargo, hai que recalcar que estes últimos municipios seguen tendo algún contaxio e sitúanse nun rango de 1 a 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei volve situarse entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este luns entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes.

  • No nivel alto están Boiro, Barreiros, Pobra do Brollón, Monterrei, A Illa, Boimorto, O Irixo e Carral. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.