top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 14 de xullo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 14 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 11 afectados, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte O Pino sitúase con 15 afectados, tres menos que fai 24 horas.

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 49 afectados, dous máis que fai 24 horas. Silleda conta con 18 afectados, cinco menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 12 afectados, cinco menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 14 afectados, dous máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Monterroso conta con 12 afectados, dous menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page