top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 13 de xaneiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 13 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 81 casos activos, trece máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 35 casos activos, dez máis que fai 24 horas. O Pino ten 103 casos, 26 máis que onte. Pola súa parte Touro ten 48 casos activos, once máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 37 positivos, trece máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 20 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Lalín conta con 469 afectados, 75 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 41 casos activos, tres menos que fai 24 horas, tal como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 134 casos activos, 59 máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 91 casos activos, 16 máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 143 casos activos, 19 máis que na xornada de onte. Santiso ten 10 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 18 afectados, nove máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 24 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 15 casos activos, tres máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 74 casos, dez máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 41 casos activos, tres máis que na xornada de onte.


 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page