Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 13 de maio

Hai 9 municipios libres de coronavirus, tres menos dende que comenzou a semana e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 30 casos activos.


IsmaelRS/Xeral / ACTUALIZACIÓN 19:15

XOVES, 13 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 9 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda e Lalín que superan estes valores.

Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, Dozón, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. O muncipio de Rodeiro tras estar libre do virus durante varias semana pasa a estar nunha taxa entre 1-9 casos. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda aínda que os afectados baixaron con respecto a hai 24 horas. Hoxe xoves, os casos activos en Lallín e de 33, un menos que onte, según informa dende o consistorio. E Silleda, tal e como informou o Concello, son 13 activos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están no nivel medio.

Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase con nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide que está no nivel medio e mañá Santiso tamén quedará neste nivel.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso están libres de Covid, mentres que Palas de Rei sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. O peche dos bares é ás once da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás 1:00 horas.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.



A NOVA NORMALIDADE EN GALICIA APARTIR DE MAÑÁ 14 DE MAIO, no seguinte enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/santiso-pasará-ao-nivel-medio-de-restrincións-o-venres-debido-a-que-rexistra-de-novo-algún-contaxio

155 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE