Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 12 MAIO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 14 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Boimorto e Touro sitúanse entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 44 afectados, cuatro menos que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 18 casos activos, un máis que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide sitúase con 26 casos activos, seis menos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 12 casos activos, dous menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 15 casos activos, un máis que onte. Monterroso sitúase entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Palas de Rei conta con 14 casos activos, un menos que onte.

Comments