top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 12 de agosto

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Son catro os municipios libres de coronavirus, un máis que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Silleda con tres novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

XOVES, 12 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son catro os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Santiso e Toques. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Melide e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Arzúa, Silleda e Touro) e os 11 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 12 casos, dous menos que fai 24 horas, O Pino ten 13 afectados, dous máis que onte, Touro ten 25 afectados, un máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Rodeiro conta con 20 casos activos, tal e como informou onte pola tarde o alcalde, Rubén Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 35 afectados, os mesmos que onte; Silleda ten 34 casos activos, tres máis que fai 24 horas, tal e como informou hoxe o Concello e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 18 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide hai dous municipios libres casos: Santiso e Toques, este último súmase a esta lista dende hoxe. O Sergas indica que Melide ten 27 afectados, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes encontrase entre 1-9 casos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 18 casos de Covid, os mesmos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 19, un menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro, Monterroso, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Cambados, Boiro, O Barco de Valdeorras, A Pobra do Caramiñal, A Coruña, Ames, Arteixo, Cambre, Cariño, Culleredo, Ferrol, Santiago de Compostela, Ortigueira, A Laracha, Betanzos, Sada, Padrón, Teo, Cee, Pontedeume, Lugo, Chantada, Monforte de Lemos, Ourense, Verín, Bueu, A Guarda, Meis, Moaña, Mos, Pontevedra, Ponte Caldelas, O Porriño, Redondela, Soutomaior, Vigo, Melide, Carballo, Fisterra, Oleiros, Ribeira, Cervo, Ribadeo, Avión, Barbadás, O Carballiño, A Illa de Arousa, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Gondomar, Nigrán, O Rosal, Barro, Portas, Valga, Vilaboa, Salvaterra de Miño, Tui, Xove e Palas de Rei.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Beariz, Boborás, Caldas de Reis, Maceda, Mondoñedo, Oroso, Pereiro de Aguiar, Pontecesures, Sarria, Silleda, Vilalba, Vilamartín de Valdeorras, Vimianzo, Bergondo, A Capela, Carnota, Cedeira, Corcubión, Coristanco, Curtis, Narón, Outes, Rianxo, Celanova, Coles, Monterrei, Pobra de Trives, Riós, A Rúa, Arbo, Cangas, A Lama, Ponteareas, As Neves, As Pontes, Arzúa, Tomiño, Ribadumia, Boqueixón, Laxe, Miño, Muxía, Oza-Cesuras, Neda, Touro, Tordoia, Cospeito, Outeiro de Rei, Xinzo de Limia, Catoira, Cuntis, Mondariz, Salceda de Caselas e Esgos.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOVIDADES NAS LIMITACIÓNS A PARTIR DO SÁBADO 14 DE AGOSTO:


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page