Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 11 de novembro

Contamos con trece municipios libres de covid: Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

XOVES 11 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con trece municipios libres de covid: Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son tres os municipio que están libres de covid: Arzúa, Boimorto e Touro. O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con catro municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta cun caso activo, tal e como informaron o xoves pasado, dende o concello. Pola súa parte Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.



158 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE