Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Melide, Monterroso, Santiso e Touro
IsmaelRS/Xeral
XOVES 10 NOVEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Agolada, Melide, Monterroso, Santiso e Touro.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.
Na comarca dezá, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Agolada. Dozón, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín sitúase con 18 casos activos, tres máis que onte.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concello libre de casos, é o caso de Melide e Santiso. Pola súa parte Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun concello libre de casos, é o caso de Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.

Comentarios