Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 10 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 10 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 84 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 26 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 123 casos, os mesmos que onte. Pola súa parte Touro ten 41 casos activos, catro menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 14 positivos, cuatro menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 13 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 391 afectados, dez máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 14 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Silleda conta con 226 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 72 casos activos, cinco menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 112 casos activos, catro menos que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 33 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 12 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 39 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 87 casos, seis máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 41 casos activos, catro menos que na xornada de onte.


661 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE