top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 09 de setembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con un único municipio libre de covid: Dozón. Continúa a desescalada de afectados en casi todos os concellos, o caso máis preocupante segue a ser o de Melide que volve estar por debaixo dos 60 casos activos


IsmaelRS/Xeral

XOVES, 09 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 09 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Dende onte pasamos a ter un único municipio libre de covid: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Melide), sete no nivel alto (Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Lalín, Monterroso, O Pino e Palas de Rei) e tres no nivel medio (Boimorto, Santiso e Silleda) os seis municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados. Boimorto ten 13 casos activos, un máis que fai 24 horas; O Pino teñen 32 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 40 casos, oito menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana só un municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Agolada ten 10 casos activos, dous menos que fai 24 horas, tal e como informou hoxe pola mañá o Concello e Rodeiro conta con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 28 afectados, sete menos que fai 24 horas; Silleda ten 12 casos activos, dous menos que onte e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso e Sobrado dos Monxes está nunha escala de entre 1 a 9 contaxios; Toques conta con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte Melide pasa a ter 54 casos, vinte e catro menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas ten 13 contaxios, os mesmos que na xornada de onte. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 30 casos, dous menos que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 29 afectados, catro menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Antas de Ulla, Arzúa, Agolada, Boimorto, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Rodeiro, Silleda e Toques son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel máximo de restricións para os concellos de Ordes, Melide e Monforte de Lemos.

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Agolada, Arzúa, Lalín, O Pino, Trazo, Curtis, Cee, Cerceda, Muxía, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, Vilalba, A Pastoriza, Castro de Rei, Meira, O Saviñao, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Ares e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios da Coruña, Arteixo, Cabana de Bergantiños, Carballo, Corcubión, Malpica de Bergantiños, Oleiros, Oza-Cesuras, Ponteceso, Zas, Aranga, Betanzos, Camariñas, Fisterra, Santa Comba, Silleda, Boimorto, Frades, Muros, Noia, Santiso, Tordoia, Ferrol, Chantada, Lugo, Outeiro de Rei, Baralla, Cospeito, Taboada, A Rúa, Ourense, O Barco de Valdeorras, Verín, Bueu, Poio, Sanxenxo, Gondomar, Pazos de Borbén, Ponteareas, Redondela e Nigrán.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

NOTICIAS RELACIONADAS:

Novos niveis de restricións a partir do sábado 11 de setembro

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentarer


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page