Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 07 XULLO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 07 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 28 afectados, un máis que fai 24 horas. O Pino sitúase con 17 afectados, dous máis que onte. Pola súa parte Touro conta con 11 afectados, un máis que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 17 afectados, un menos que onte. Lalín conta con 45 afectados, 13 menos que onte. Silleda conta con 32 afectados, tres máis que fai 24 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 29 afectados, catro máis que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Melide conta con 29 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Santiso conta con 12 afectados, un menos que onte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 13 afectados, dous máis que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Monterroso conta con 17 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 13 afectados, seis menos que fai 24 horas.

Comentarios