Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
XOVES 05 MAIO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 20 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino sitúase con 21 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 17 casos activos, dous máis que onte.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 67 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Pola súa parte Silleda conta con 23 casos activos, seis menos que onte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 48 casos activos, un menos que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 15 casos activos, dous menos que onte. Monterroso sitúase con 21 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 23 casos activos, un menos que onte.

Comments