Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 05 de agosto

Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas. Hoxe o municipio que máis casos rexistra é para Rodeiro con catro novos contaxios


IsmaelRS/Xeral

XOVES, 05 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Contamos con un municipio no nivel máximo (Monterroso), dous no nivel alto (Arzúa e Melide) e dous no nivel medio (Silleda e Toques) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 17 casos, catro menos que fai 24 horas, O Pino ten 38 afectados, dous máis que fai 24 horas, Touro ten 19 afectados, dous máis que fai 24 horas, mentres que Boimorto atópase nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón porque Rodeiro ten dez casos activos, tal e como informou este mércores pola tarde o alcalde, Rubén Quintá. En Agolada, tal e como confirmou hoxe o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai un único caso activo; Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 43 afectados, tres máis que onte; Silleda ten 31 casos activos, tres máis que fai 24 horas e pola súa parte Vila de Cruces rexistra 16 afectados, dous máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos: Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos; o Sergas indica que Melide ten 52 afectados, dous menos que fai 24 horas. Toques contabiliza entre 1-9 afectados, os mesmos ca onte, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. En concreto o Concello indicaba onte que hai dez contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso sitúase con 52 casos de Covid, dous menos que fai 24 horas. E Palas de Reis rexistra 35, os mesmos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei, Silleda e Touro son os casos activos.