Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 04 de novembro

Contamos con doce municipios libres de covid: Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

XOVES 04 NOVEMBRO / Actualización 18:07 horas

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con doce municipios libres de covid: Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, Monterroso, Palas de Rei, Rodeiro, Santiso, Silleda, Sobrado dos Monxes, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son tres os municipio que están libres de covid: Arzúa, Boimorto e Touro. Tras varias semanas sin casos, dende hoxe O Pino volve situarse nunha escala entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezá contamos con catro municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada volve contar cun caso activo, despois de varias semanas sin casos, tal e como informaron hoxe dende o concello. Pola súa parte Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Santiso e Sobrado dos Monxes. Pola contra os municipios de Melide e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


COMARCA LIBRE DE COVID / Por último, na comarca da Ulloa contamos con todos os municipios libres de covid: Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei.



164 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE