Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 04 de agosto
- IsmaelRS
- 4 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 5 ago 2022
Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso, Santiso e Toques
IsmaelRS/Xeral
XOVES 04 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Monterroso, Santiso e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Na comarca dezá só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Agolada, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Lalín conta con 14 afectados, os mesmos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide temos dous concellos libres de afectados, é o caso de Santiso e Toques. Pola súa parte Melide e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa só temos un único concello libre de afectados, é o caso de Monterroso. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Comments