Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste xoves, 03 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

XOVES 03 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 03 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 57 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase dende antonte nunha escala entre 1 e 9 casos activos, seis menos que fai 24 horas. O Pino ten 20 casos, tres menos que onte. Pola súa parte Touro ten 11 casos activos, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 135 afectados, 15 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 60 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 33 casos activos, 12 menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 76 casos activos, 12 menos que na xornada de onte. Santiso e Toques sitúase dende onte nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase con 16 afectados, os mesmos que onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Monterroso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos, e pola súa parte Palas de Rei conta con 14 casos activos, dous menos que na xornada de onte.


537 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE