Son nove os municipios que están libres de coronavirus
IsmaelRS/Xeral ACTUALIZACIÓN 21: 45 Horas
XOVES, 01 XULLO
Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 01 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son nove os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Melide, Santiso, Antas de Ulla, Boimorto, Touro e Toques porque a última hora da tarde deste xoves o alcalde de Rodeiro indicou que hai dous casos neste concello. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro están libres de coronavirus. Mentres que Arzúa se atopa nunha taxa entre 1 e 9 afectados e onte, despois de semanas, tamén ten algún contaxio O Pino.
Na comarca dezana hai tres municipios libres de Covid: Agolada, Dozón e Silleda que non teñen ningún caso dende hai días. Lalín ten algún contaxio. Segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados e hoxe o alcalde do municipio, José Crespo, indicou que hai tres casos activos, un máis que fai 24 horas. E dende onte Vila de Cruces volve ter entre 1 e 9 afectados. Mentres, e despois de días libre, Rodeiro volve ter afectados, en concreto, dous casos tal e como informou a última hora da tarde o alcalde do municipio, Rubén Quintá.
Na comarca Terra de Melide Santiso e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide pasa a situarse dende hoxe nesta lista de municipios libre de coronavirus, pola contra Sobrado dos Monxes sigue a estar situado entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla é o único municipio que está libre de Covid, mentres que Monterroso e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.
Commentaires