Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 7 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 7 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 7 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 53 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 19 casos activos, tres máis que fai 24 horas. O Pino ten 62 casos, catro máis que onte. Pola súa parte Touro ten 47 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 25 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 103 casos activos, dous menos menos que fai 24 horas. Rodeiro ten 41 casos activos, cinco menos que onte, tal e como informa o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Pola súa parte Lalín sitúase con 317 afectados, dous menos que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 86 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 107 casos activos, catro máis que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 14 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 49 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 41 casos activos, tres máis que na xornada de onte.