top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 5 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Os datos seguen sendo baixos e Toques e Arzúan quedan no nivel de restrinción media


Laura Moure

VENRES 5 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, venres 5 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. As cifras son moi esperanzadoras xa que Boimorto, O Pino, Touro, Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos afectados nos últimos sete días. E os demais, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas Arzúa segue hoxe tamén cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, mentres que O Pino, Boimorto e Touro non rexistran novos casos. Cabe mencionar que Arzúa pasa a estar como o resto de municipios de esta comarca no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado; Lalín ten 14 activos, tres máis ca onte tal e como informou pola tarde o alcalde do municipio, José Crespo, e Silleda segue con 14, coma fai 24 horas, mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media.


Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques segue sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí cabe recalcar que Toques deixa de estar no nivel máximo a estar no nivel medio de restrincións ao igual que Melide e Santiso, pero sen embargo, Sobrado continúa no alto.

Por último, as novas tamén son boas na comarca da Ulloa. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page