Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 31 de decembro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 31 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 31 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 33 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 11 casos activos, un máis que fai 24 horas. O Pino ten 39 casos, once máis que onte. Pola súa parte Touro ten 33 casos activos, oito máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 13 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 79 casos activos, 16 máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 18 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 214 afectados, 30 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 63 casos activos, seis máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 63 casos activos, catro máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 20 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 31 casos, un menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 22 casos activos, cinco máis que na xornada de onte.


ÚLTIMAS MEDIDAS DE LOITA CONTRA O CORONAVIRUS: