top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 29 de abril

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 29 ABRIL

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 29 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, un menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 15 casos activos, catro menos que onte. O Pino sitúase con 16 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte Touro conta con 15 casos activos, dous máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 60 afectados, tres máis que fai 24 horas. Silleda conta con 34 casos activos, cinco menos que onte. Pola súa parte Rodeiro sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 60 casos activos, un máis que onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 20 casos activos, cinco máis que onte. Monterroso sitúase con 10 casos activos, un menos que fai 24 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 16 casos activos, un menos que onte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page