Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 28 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

VENRES 28 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 137 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 38 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 126 casos, un menos que onte. Pola súa parte Touro ten 69 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 16 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 32 afectados, dous menos que fai 24 horas. Lalín conta con 569 afectados, 48 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 44 casos activos, oito máis que fai 24 horas. Silleda conta con 221 casos activos, 15 máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 108 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 172 casos activos, cinco menos que na xornada de onte. Santiso ten 26 casos activos, un menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 42 afectados, catro menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 21 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 23 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 81 casos, tres máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 69 casos activos, dous menos que na xornada de onte.


797 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE