Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste venres, 28 de maio

Hai oito municipios libres de coronavirus, dous máis que fai 24 horas e só Santiso está no nivel medio de restrincións, mentres que o resto encóntrase no mínimo


IsmaelRS / Xeral/ACTUALIZACIÓN 16:15 horas

VENRES, 28 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Continuamos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 28 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe convértense en oito os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Palas de Rei, O Pino e Boimorto e tamén Agolada onde o único afectado recibiu a alta este venres, tal e como informou o Concello despois do mediodía. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa e Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana todos os municipios contan con algún caso de coronavirus o último en unirse a esta lista é Vila de Cruces. Os muncipios de Vila de Cruces, Dozón e Rodeiro sitúanse cunha taxa de entre 1 e 9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días, tal e como indica o Sergas. Agolada tiña un único afectado, pero este venres recibiu a alta, como informou a primeira hora da tarde o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego. E Lalín e Silleda segundo a incidencia acumulada a 14 días teñen entre 1 e 9 casos. En concreto, Silleda mantense con sete casos activos, como indicou hoxe o Concello, e Lalín, ten oito, os mesmos que onte, tal e como informou hoxe o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.


Na comarca Terra de Melide Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide e Santiso, sitúase nunha taxa entre 1-9 casos, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Tal e como indicou o último día o Concello, Melide ten oito casos activos. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Santiso que continúa no nivel medio, pero mañá sábado pasará ao mínimo.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei atópanse libres de Covid, dende hoxe nesta comarca todos os municipios están libres de covid.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por concello As novas limitación por concello son as seguintes:

  • Nivel máximo de restricións está o concello de Lobios.

  • Nivel alto: Cambados, Vilanova de Arousa, Moraña, Ponte Caldelas, Mos, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Oleiros.

  • Nivel medio de limitacións están os municipios de Boborás, O Barco de Valdeorras, Santiso, Boiro, Rianxo, Padrón, Ordes, Valga, Ames, Carral, Fisterra, Cee, Bueu, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Cangas, Moaña, Salceda de Caselas, Chantada, Viveiro e Cervo.

  • Resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.

O comité tamén acordou permitir as ceas ata a unha da madrugada nos locais de hostalería, independentemente de se teñen licenza ou non de restaurante. Polo tanto, os locais que dean ceas, poden dalas nas mesmas condicións que os restaurantes.


MODIFICACIÓNS A PARTIR MAÑÁ SÁBADO, no seguinte enlace:

https://www.ecosdacomarca.com/post/o-municipio-de-santiso-pasará-do-nivel-medio-de-restrincións-ao-mínimo-este-sábado

117 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE